Monday 13 de May de 2024

Preto de sesenta nenos e nenas participan na saída ao Aquapark do Concello de Oroso


Mañá, a Semana Cultural ofrece un espectáculo de maxia cómica

Preto de sesenta nenos e nenas participaron na excursión ao Aquapark coa que o Concello de Oroso iniciou a súa Semana Cultural do verán de 2016. A visita ao parque acuático de Cerceda desenvolveuse nunha xornada propicia para os xogos e atraccións da instalación, ao contar con temperaturas elevadas. O desprazamento efectuouse en autobús e puideron participar nenos e nenas maiores de oito anos.

Mañá, mércores 24, a Semana Cultual prosegue co espectáculo de maxia cómica ‘O meu avó é mago’, a cargo da compañía ‘Mundo Mandarina’. Será no exterior da piscina municipal, en Sigüeiro, a partir das 19:30 horas.

E o xoves será unha xornada encomendada á diversión, con xogos inchables na piscina municipal de 11 a 13 e de 16 a 19 horas, e unha Festa da Escuma a partir das 19:15 horas, para maiores de catro anos. Durante ese día, a entrada na piscina municipal será de balde.